Universo dos sentidos

As veces quixeras ...

As veces quixeras dicir Non, recuar
e volver por outro sendeiro cara a túa soidade

Pero ela, agochada tralos recordos,
non che deixa alcanzala
e berra o meu nome ...
a túa soidade
fendida, dislocada ...

Así é a túa soidade
desde que, sen querer,
mentres a túa voz confesaba
o teu verdadeiro nome,
abriches infindas as túas mans ...
e a túa soidade escapou
correndo a acubillarse xunto a miña
non sei en qué punto exacto do meu corpo ...

Desde entón,
desde aquel día, fáiseche cada vez
máis difícil esquecer
que non tes cinco, senon dez dedos
na túa man ...

Desde entón,
desde aquel día, cando volves
as túas costas
para que nin os teus ollos
nin a túa boca
che traizoen,
buscando a túa antiga compañeira,
sentes a anguria
de non saber se é a ela
ou a miña soidade a quen atopas ...

Entón é cando atravesando ideas, cores
e as horizontais pontes
que, as veces, nos separan,
os teus beizos envíanme eseoeses mudos
que berran unha cita naquela árbore
onde sempre
nos volvemos a atopar

......................................................

Desde o fondo ...

Desde o fondo dunha cunca de té
a miña mirada axéxate
axexa o teu pensamento que
se agocha, treme, foxe ...
que a túa meniña traizoeira delata

Avanza inexorable polas pontes
todas do teu corpo:
polas veas, polos brazos, polo esófago
tentando por tódolos medios
exteriorizarse,
afirmarse ...

E a verba
-vehículo cotía do pensamento-
indecisa detense nos teus beizos,
na barreira dos teus dentes,
antes de emerxer xa diferente
-túa e non túa, igual e distinta-
e sempre insuficiente

................................................

Al volver

El día que yo me muera
saldrá el sol por la mañana

El día que yo me muera
será domingo
            o cualquier otro día de la semana

Cogerás el sombrero
            como siempre que no llueve
y te irás caminando por la acera

Tomarás el café en aquella mesa
el periódico, los coches
             nosequepudopasar
                       situsupierasloquemedijoelmuy
                                                adioshastamañana

Al volver, en el portal
notarás que te falta mi presencia
              un vacío de cristal por la derecha

Guardarás los zapatos, la cartera, el sombrero ...
y colgarás esa ausencia en una percha
               junto a tantas otras cosas olvidadas que vivimos
                                                                  que me diste y yo te di

........................................................

Quixera saber ...

Quixera saber onde van
as palabras caladas
os bicos, os sorrisos
as apertas gardadas

Debe haber, penso eu,
alá lonxe, no universo total
dos sentidos
unha oficina de obxectos perdidos
onde un funcionario cabal
rexistra, anota, expende
suma, resta e mesmo vende
o que sen tino
nin nós damos nin nos dan

.......................................................

Pombas no horizonte ...

Pombas no horizonte
             na rúa sombras

Cazadores da noite axexando
          fríos, cegos
                   ao lonxe
as luces da vida

Inquedas cadelas ulindo
           irtas, ávidas
                    o seme da morte
cegadas polo inmenso ruído
xordos pola fulgurante luz ....
                                   
Silencio

Na montaña vermella
                     cazador e presa
na eterna noite do desamor
                      presa e cazador

.......................................................

¡Berro
           Choro
                       Adoezo!

[son eu]

                       Estou aquí
nun mar de xentes
nun bosque de angurias
esculcando a noite
                       dentro de min


©Caridade Sanz