Silencioso mar


Vai e di silencio
Ven e che murmura paz

Ti quixeras apreixalo, apertar
bicar, darte, dar

pero el é o eterno
intanxible, leve e profundo
silencioso
mar

------------------
Se digo azul
ves o ceo

Se quero chegar a ti
hei estar quedo

------------------

Ao final, o mar

Sen mans, sen pernas
           sen cabeza, nin brazos, nin pes
como o toco daquela árbore
que criches un día ser

pola caeira do monte
baixas sen te deter
                  ¡se ao final o mar
                                te levase ao final!

--------------------

Dentro, máis a dentro
no máis fondo
deste mar

ao máis iñoto, máis a dentro
aínda moito máis
ata alí hai que chegar

----------------------

"Voa, voa
        xoaniña ....
que che hei dar
pan de broa ..."

Voa, voa
         Xoaniña ...
cos ollos do mar
e as alas da poesía


©Caridade Sanz